domingo, 3 de setembro de 2017

Novidades de agosto

En agosto, a fábrica de ebooks de Inicia Literaria seguiu co forno a medio gas, pero, non obstante, si podemos falar dunha marabillosa novidade: a terceira parte das aventuras de Ned Cassidy, Luna Comanche

Nesta ocasión, o noso heroe irlandés enfrontarase a unha desapiadada cuadrilla de comanches capitaneados polo vingativo Caballo Moteado, que entran a sangue e lume na misión franciscana servida pola fiel apache Doña Lupe. Por sorte para o medio diaño, non se enfrontará só ao perigo, senón na compaña do arteiro mexicano Rosario Monleón.

Luna Comanche leva como capa outra obra mestra do ilustrador SamCube.

Ao igual que os anteriores, o libro está dispoñible no noso espazo en Lektu para a súa descarga de balde no modo de pago social. Por certo, de terdes curiosidade acerca do autor, Kenneth James, podedes ler a súa entrevista en KindleGarten, blog persoal do noso coordinador, Tomás Rivera.

Alén disto, gustaríanos presentar en pouco tempo algunha outra lectura, como a nosa primeira obra para lectoras e lectores en galego, novas incursións no xénero Western, ou intrigantes relatos para a hora do té.

Lembrade que podedes seguirnos en redes sociais e tamén facervos simpatizantes do noso colectivo. Máis información no noso correo electrónico, info@inicialiteraria.com.

Moitas grazas!