luns, 11 de setembro de 2017

Xa podes ler a nosa web en galego

Por fin, a web de Inicia Literaria está activa en dous idiomas: galego e castelán. Dende o principio, era un dos nosos obxectivos, xa que as linguas son unha riqueza propia que gostamos de reflectir en calquera eido da vida, incluso no virtual. Deste xeito, ademais, quen desexe publicar a súa obra escrita en galego terá o respaldo dun sitio web redactado no seu mesmo idioma, e favorecer tamén a normalización da lectura na nosa lingua. Máis alá de prexuizos, nós lemos en galego, e ti?

0 comentarios:

Publicar un comentario