xoves, 1 de xuño de 2017

Novidades de maio

Repasando o pouquiño que levamos percorrido ata o de agora, sendo conscientes de que nos puxemos en marcha o pasado 22 de maio, estamos felices co resultado: moita xente interesouse polo colectivo, contando 193 seguidores soamente nestes días no total de redes nas que estamos presentes. Tamén varias persoas amosaron o seu interese para publicar no noso catálogo ou colaborar co proxecto doutros xeitos, o que nos enche de satisfacción porque nos permitirá ofrecer gran variedade de lecturas a quen nos siga e garantir a súa calidad, que é o que procuramos. Como sempre (sempre é dende hai dez días...), estas publicacións poderán descargarse de balde con pago social no noso espazo da plataforma Lektu.

A día de hoxe, temos publicadas dúas pequenas obras:

- Acaba con ellos, Cassidy. Un weird-western asinado por Kenneth James que relata as aventuras de Ned Cassidy, medio diaño, medio irlandés, no árido sur dos Estados Unidos de finais do século XIX.

Capas da segunda edición de "Acaba con ellos, Cassidy", obra do ilustrador SamCube.

- Yo, Gregorio. Un relato para ler nunha viaxe de autobús asinado por Vanesa Santiago que narra a azarosa vida de Gregorio, un home distinguido e máis ou menos ocioso da cidade de Lugo ao que ninguén semella coñecer.

E xa no forno outras novidades que irán saíndo nas vindeiras semanas e meses para deleitarnos.