luns, 31 de xullo de 2017

Novidades de xullo

Este post podería terse titulado "As non novidades de xullo", mais non nos parecía serio (dado o noso carácter formal por todos coñecido, ehem...) así que seguimos coa serie iniciada alá por maio.

Xullo foi un mes moi pouco productivo en canto a lanzamentos de libros, por non dicir nada productivo posto que non sacamos ningún novo relato, nin colección. Non avanzamos tampouco na nosa anhelada poliglosia cara o galego. Nin sequera o noso número de seguidores ascendeu de xeito significativo. Iso non significa que o proxecto estea nun punto morto, senón que este mes, por cuestións alleas ao colectivo, foi movido para os coordinadores, e non lle dedicamos todo o tempo que este precisa.

Que se fixemos algo? Malia que aquí no se vexa? Si.

Avanzamos na corrección dalgúns originais que temos no noso haber. Analizamos opcións para activar a galeguización (querémola xa!). Valoramos (e descartamos, polo momento) a incorporación de novas coleccións. Amenazamos a Kenneth James para que axilice as novas entregas de Cassidy. E limos na praia. Moito. Que évos algo que tamén está ben.

Por todo isto, Pregámosvos encarecidamente, suplicámosvos con ardor, que non desesperedes, que imos avanzando como a burra Castaña (pasito a pasito cara a montaña), e que contamos con solucionar en agosto a seca de novidades literarias.
Michín e a súa amiga, a burra Castaña [fonte]

Contamos contigo, sufrida lectora! (ou lector). Apertas de oso (que seica son as mellores).