mércores, 4 de outubro de 2017

Novidades de setembro

Setembro trouxo substanciosas novidades para Inicia Literaria. Imos por puntos:

  • En primeiro lugar (por fin!) a web está accesible en galego. 
  • En segundo lugar, aumentaron paulatinamente os nosos seguidores en redes sociais, grazas, entre outras cousas, ás nosas primeiras incursións en Instagram.
  • Gustaríanos destacar, tamén, a incorporación ao colectivo de David González, filólogo e autor do blog literario Palabra de Gatsby.
  • Como última novidade do mes, e a máis importante en canto á aportación de novos contidos, incorporamos ao noso catálogo temos o relato de Jaume Vicent Un vestido de té, que xa podedes descargar en Lektu de balde, na modalidade pago social.


A que agardades para descargarvos Un vestido de té?