domingo, 12 de novembro de 2017

Novidades de outubro

Outubro voltou a ser un mes case tan aborrecido coma xullo. Iso si, a nosa presenza en Instagram  e redes sociais vai aumentando aos poucos... e estamos a revisar, man a man co autor, a que será a nosa primeira e brillante incorporación á colección Lady Mallowan. Poucas máis pistas podemos dar nestes intres, agás que se tratará dunha novela escrita en galego, de corte policial, arredor dunha morte acaecida en misteriosas circunstancias... Seguídenos en calquera das nosas redes e visitade o noso catálogo de descarga de balde en Lektu para estar ao tanto de calquera novidade!

E gustaríanos destacar, asemade, que estamos moi orgullosos desde o colectivo Inicia Literaria do noso Simpatizante Número 1, Paris Joel, cantautor que publicou o seu primeiro poemario coa editorial Celya, Dictados para un salvamento emocional. Sen dúbida, lerémolo. Parabéns!

Poemario de Paris Joel, o noso primeiro simpatizante


0 comentarios:

Publicar un comentario